DeporXest
INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICPAIS CONCELLO DE FENE CURSO 2022/2023
29/08/2022

As citas para apuntarse nas escolas deportivas municipais empezarán a darse o 1º de setembro

A Concellaría de Deportes informa dos prazos de inscricións nas escolas deportivas municipais de Fene. Isto é, o prazo de matrícula presencial estará aberto do 12 ao 23 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 1 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.
Para solicitar CITA PREVIA para realizar a inscrición temos que ter en conta os seguintes prazos:
Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 1 e 2 de de setembro de 9:00 a
14:00 horas
Poboación en xeral: Do 5 ao 9 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas e o mércores,
día 7, tamén en horario de tarde de 16:00 a 19:00 horas
O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 12 ao 23 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade.
Cada persoa que acuda facer o trámite -con cita previa- poderá anotar aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis. Desde o departamento de Deportes recordan que, unha vez comece o curso, só se admitirán novas matrículas se hai prazas libres en cada disciplina ou se se producisen baixas.


https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/6926
FOTOS
ARQUIVOS
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707