DeporXest
Servizo:
Data Inicio:
Data Fin:
Texto:
Data Titular Texto Servizo
02/08/2021 HORARIOS DE ADESTRAMENTO DE PRETEMPADA, CAMPO MUNIICIPAL DE FÚTBOL "OS PINARES"
Os horarios poderánse consultar no arquivo que se xunta con esta nova.
DEPORTES Ver +
18/08/2021 INSCRICIÓNS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CURSO 21/22, PISCINA, PAVILLÓN A XUNQUEIRA E OUTRAS INSTALACIÓNS
Desde a Concellaría infórmase -e insístese- en que o prazo de matrícula presencial estará aberto do 9 ao 24 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As veces poderán solicitarse a partir do 1 de setembro chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812. As actividades comezarán ao longo da primeira semana de outubro. O calendario de inscricións nas distintas disciplinas está organizado en dúas quendas, unha do 9 ao 20 de setembro para persoas empadroadas ou escolarizadas en Fene e outra do 21 ao 24 de setembro para o resto de usuarias. En calquera caso, antes de acudir ao pavillón da Xunqueira para facer a solicitude haberá que concertar cita dentro dos horarios de atención das instalacións durante a semana. Desde o xoves 9 até o venres 24 a oficina atenderá polas mañás -insistimos, só con cita previa- entre as 8.30 e as 14.00h. Ademais tamén atenderá polas tardes, de 16.30 a 19.00h, o propio día 9 e o 14, 15, 16, 21, 22 e 23 de setembro. Cada persoa que acuda facer o trámite -outra vez, con cita previa- poderá anotar aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis. Desde o departamento de Cultura e Deportes recordan que, unha vez comece o curso, só se admitirán novas matrículas se hai prazas libres en cada disciplina ou se se producisen baixas. Á hora de solicitar a matrícula nas escolas e obradoiros municipais haberá que presentar o carné do ano anterior e asinar, de ser o caso, a orde de domiciliación bancaria para o pagamento das actividades, a opción máis cómoda. Se se trata de novas inscricións tamén haberá que achegar a fotocopia do caderno da Seguridade Social ou da tarxeta sanitaria, fotocopia do DNI ou Libro de Familia, unha foto tamaño carné e, quen domicilie, tamén a orde de autorización dos cargos -a folla facilítana na oficina- e a copia dun recibo onde consten os datos bancarios con todos os díxitos da conta. Para a matriculación en cursiños haberá que cubrir a ficha correspondente e, unha vez confirmada a praza, efectuar o pagamento do recibo. A Concellaría de Cultura editou unha folla con toda a información sobre as escolas e obradoiros deportivos que se desenvolverán desde o 1 de outubro até o 30 de xuño repartidos polos pavillóns, a piscina e outras instalacións municipais. Hai preto dunha vintena de propostas -baloncesto, atletismo, pilates, zumba, natación, patinaxe, karate, judo, ximnasia rítmica, acondicionamento físico, pequedeporte, educación física contra a fatiga oncolóxica, etc.- subdivididas á súa vez en grupos dependendo das idades ou da práctica que xa se teña en cada disciplina. No documento tamén se describen os prezos de cada actividade e os descontos dos que poden beneficiarse as persoas participantes, xa sexa botando man dos bonos familiares para as escolas ou solicitando o Bono Deporte para a práctica deportiva libre e o uso completo das instalacións do polideportivo da Xunqueira e da piscina de Centieiras, que nestes momentos só teñen restrinxido o acceso á sauna por razóns preventivas da COVID-19.
DEPORTES Ver +
01/09/2021 APERTURA DA PISCINA MUNCIPAL DE CENTIEIRAS O 1 DE SETEMBRO
O Concello de Fene abre as instalacións da piscina municipal de Centieiras con aforo limitado e continuando coas medidas preventivas pola COVID a partir do vindeiro mércores 1 de setembro Como medidas complementarias, o protocolo indica que á entrada se rexistrarán os datos e se lle tomará a temperatura a todas as persoas usuarias. Unha vez dentro terán que gardar sempre 1,5 metros de separación nos movementos que fagan polo recinto e tamén durante a práctica deportiva. O uso da máscara non será obrigatorio no vaso no momento de nadar pero si no ximnasio a hora de facer o exercicio tendo que manter a distancia interpersoal-, e haberá que poñela si ou si para ir e vir dos vestiarios, aínda que se poida gardar a separación. Os adestramentos na piscina e no ximnasio faranse en quendas asignadas de 45 minutos de duración e, ademais, será necesario entrar en Centieiras como mínimo un cuarto de hora antes do inicio da actividade e marchar, como moi tarde, quince minutos despois de rematar. Desta maneira o Concello busca ter sempre controlado o aforo e garantir que a planificación horaria se cumpra sen retrasos, pero tamén reservar tempo suficiente para que o persoal de limpeza desinfecte os vestiarios entre faixas horarias. Para acceder poderase mercar a entrada na instalación ou ben empregar o Bono deporte do Concello de Fene, con dereito a utilizar o ximnasio e mailo vaso indistintamente ou ben combinar ambas opcións, sempre que sexa en franxas horarias consecutivas. Na piscina non poderá haber máis de 3 persoas por rúa ao mesmo tempo e no ximnasio o límite está fixado en 6 usuarias. Para consultar a dispoñibilidade de espazos no día e franxa horaria na que desexe asistir -e tamén para facer a reserva- pode chamarse aos teléfonos da instalación -981 344 341 e 607 627 103- durante o horario de apertura. Tamén hai a posibilidade de reservar a través da plataforma de deportes deporte.fene.es, para o que será necesario contar con usuario e contrasinal ou darse de alta no mesmo momento de facer a consulta. Desde o departamento municipal de Deportes insístese en que cada persoa só poderá reservar un máximo de dúas franxas horarias por día e deberán ser consecutivas, para dar opción a que se poida usar ximnasio e vaso na mesma xornada e, ao mesmo tempo, garantir que as instalacións poidan ser utilizadas polo maior número de persoas posible malia a redución do aforo.
DEPORTES Ver +
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707