| 06/06/2023 | RESERVA DE PRAZAS CURSO 23/24 (ESCOLAS DEPORTIVAS DE PISCINA, PAVILLÓN A XUNQUEIRA, O OUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS) | 
                        HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
    • DE LUNS A VENRES 08:30 A 14:00 H.
    • MÉRCORES DO MES DE XUÑO.- 16:00 A 19:00 H.
RESERVA DE PRAZAS PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS DA PISCINA, PAVILLÓNS, KÁRATE E JUDO CURSO 23/24.
Documentación a presentar
    • Carné de usuario/a
    • Para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, achegar un recibo do banco co IBAN e os 20 díxitos da conta.
NORMATIVA XERAL
Todo o alumnado matriculado no mes de xuño (que non teña cotas pendentes de pagamento deste curso ou cursos anteriores), poderá facela reserva de praza na escola na que estaba matriculado no mesmo grupo e no mesmo horario no que estiveron durante o presente curso, agás aqueles que por idade ou por nivel cambien de grupo, neste caso terá que escoller novo horario.
As persoas que o desexen poderán facer a reserva de tódalas persoas integrantes da súa unidade familiar (sempre que sexan alumnado de escolas deportivas durante o mes de xuño) e de dúas persoas alleas á mesma (sempre e cando estas dúas persoas non vaian a domiciliar o pagamento, xa que para domiciliar é preciso que asine o titular da conta).
Finalizado o prazo de reservas se non se formalizou a  reserva, esas prazas quedarán libres para cambios solicitados no período de reserva, ou para novas altas no período de matriculación no mes de setembro.
PAGAMENTO DE COTAS
RENOVACIÓN MENSUAL: Os/As usuarios/as que opten por esta modalidade de pagamento terán que pagar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro. Deberán retirar o recibo no pavillón A Xunqueira nas mencionadas datas.
DOMICILIACIÓN BANCARIA: Para domiciliar o pagamento, que será trimestral, haberá que cubrir a orde de domiciliación bancaria, o que implicará a matriculación  na actividade para o curso 23/24. No caso de tramitar a baixa terán que facelo antes do comezo do curso, o 1 de outubro.
                     | DEPORTES | Ver + | 
            
            
                | 28/08/2023 | MATRICULACIÓNS ESCOLAS DEPORTIVAS CURSO 2023/2024 | 
                        Tiro con arco, Balonmán e xadrez novidades na oferta deportiva municipal
A Concellaría de Deportes informa dos prazos de inscricións nas escolas deportivas municipais de Fene. Isto é, o prazo de matrícula presencial estará aberto do 8 ao 21 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 4 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.
Para solicitar CITA PREVIA para realizar a inscrición temos que ter en conta os seguintes prazos:
Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 4 e 5 de de setembro de 9:00 a
13:30 horas
Poboación en xeral: 6 e 7 de setembro. De 9:00 a 13:30horas
A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812
O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 8 ao 21 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade.
Cada persoa que acuda facer o trámite -con cita previa- poderá anotar aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis. Desde o departamento de Deportes recordan que, unha vez comece o curso, só se admitirán novas matrículas se hai prazas libres en cada disciplina ou se se producisen baixas.
Compartimos nesta nova a normativa de matriculación 23/24 editada pola Concellería de Deportes, con toda a información sobre as escolas e obradoiros deportivos que se desenvolverán desde o 1 de outubro até o 30 de xuño repartidos polos pavillóns, a piscina e outras instalacións municipais.
Entre as propostas -baloncesto, atletismo, pilates, zumba, natación, patinaxe, karate, judo, ximnasia rítmica, acondicionamento físico, pequedeporte, educación física contra a fatiga oncolóxica, etc.- destacan tres escolas deportivas de nova creación: Tiro con arco, Balonmán e Xadrez. 
                     | DEPORTES | Ver + | 
            
            
                | 09/11/2023 | AMPLIACIÓN HORARIO DE NADO LIBRE OS SÁBADOS E DOMINGOS POLAS MAÑÁS | 
                        Franxas horarias sábados e domingos polas mañás
09:15 a 10:00
10:00 a 10:45
10:45 a 11:30
11:30 a 12:15
12:15 a 13:00
                     | DEPORTES | Ver + | 
            
            
                | 30/05/2024 | RESERVA DE PRAZAS CURSO 24/25 (ESCOLAS DEPORTIVAS DA PISCINA, PAVILLÓN A XUNQUEIRA, O OUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS) | 
                        HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
    • DE LUNS A VENRES 08:30 A 14:00 H.
    • MÉRCORES DO MES DE XUÑO.- 16:00 A 19:00 H.
RESERVA DE PRAZAS PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS DA PISCINA, PAVILLÓNS, KÁRATE E JUDO CURSO 24/25.
Documentación a presentar
    • Carné de usuario/a
    • Para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, achegar un recibo do banco co IBAN e os 20 díxitos da conta.
NORMATIVA XERAL
Todo o alumnado matriculado no mes de xuño (que non teña cotas pendentes de pagamento deste curso ou cursos anteriores), poderá facela reserva de praza na escola na que estaba matriculado no mesmo grupo e no mesmo horario no que estiveron durante o presente curso, agás aqueles que por idade ou por nivel cambien de grupo, neste caso terá que escoller novo horario.
As persoas que o desexen poderán facer a reserva de tódalas persoas integrantes da súa unidade familiar (sempre que sexan alumnado de escolas deportivas durante o mes de xuño) e de dúas persoas alleas á mesma (sempre e cando estas dúas persoas non vaian a domiciliar o pagamento, xa que para domiciliar é preciso que asine o titular da conta).
Finalizado o prazo de reservas se non se formalizou a  reserva, esas prazas quedarán libres para cambios solicitados no período de reserva, ou para novas altas no período de matriculación no mes de setembro.
PAGAMENTO DE COTAS
RENOVACIÓN MENSUAL: Os/As usuarios/as que opten por esta modalidade de pagamento terán que pagar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro. Deberán retirar o recibo no pavillón A Xunqueira nas mencionadas datas.
DOMICILIACIÓN BANCARIA: Para domiciliar o pagamento, que será trimestral, haberá que cubrir a orde de domiciliación bancaria, o que implicará a matriculación  na actividade para o curso 24/25. No caso de tramitar a baixa terán que facelo antes do comezo do curso, o 1 de outubro.
                     | DEPORTES | Ver + | 
            
            
                | 30/05/2025 | RESERVA DE PRAZAS CURSO 2025/2026 PARA AS ESCOLAS CULTURAIS E DEPORTIVAS DA PISCINA, PAVILLÓN A XUNQUEIRA E OUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS | 
                        HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
    • DE LUNS A VENRES 08:30 A 14:00 H.
    • MÉRCORES DO MES DE XUÑO.- 16:00 A 19:00 H.
RESERVA DE PRAZAS PARA AS ESCOLAS CULTURAIS,  DEPORTIVAS DA PISCINA, PAVILLÓNS, KÁRATE E JUDO CURSO 25/26.
Documentación a presentar
    • Carné de usuario/a
    • Para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, achegar un recibo do banco co IBAN e os 20 díxitos da conta.
NORMATIVA XERAL
Todo o alumnado matriculado no mes de maio (escolas Culturais) ou xuño (Deportivas) que non teña cotas pendentes de pagamento deste curso ou cursos anteriores, poderá facela reserva de praza na escola na que estaba matriculado no mesmo grupo e no mesmo horario no que estiveron durante o presente curso, agás aqueles que por idade ou por nivel cambien de grupo, neste caso terá que escoller novo horario.
As persoas que o desexen poderán facer a reserva de tódalas persoas integrantes da súa unidade familiar (sempre que sexan alumnado de escolas culturais mes de maio ou deportivas durante o mes de xuño) e de dúas persoas alleas á mesma (sempre e cando estas dúas persoas non vaian a domiciliar o pagamento, xa que para domiciliar é preciso que asine o titular da conta).
Finalizado o prazo de reservas se non se formalizou a  reserva, esas prazas quedarán libres para cambios solicitados no período de reserva, ou para novas altas no período de matriculación no mes de setembro.
PAGAMENTO DE COTAS
RENOVACIÓN MENSUAL: Os/As usuarios/as que opten por esta modalidade de pagamento terán que pagar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro. Deberán retirar o recibo no pavillón A Xunqueira nas mencionadas datas.
DOMICILIACIÓN BANCARIA: Para domiciliar o pagamento, que será trimestral, haberá que cubrir a orde de domiciliación bancaria, o que implicará a matriculación  na actividade para o curso 25/26. No caso de tramitar a baixa terán que facelo antes do comezo do curso, o 1 de outubro.
CATEGORÍAS POR ANOS DE NACEMENTO NAS ESCOLAS DA PISCINA CURSO 25/26
ANOS NACEMENTO							
Natación de bebés	2025	2024	2023		
Natción 1ª infancia 	2022	2021	2020		
Iniciación infantil  e perf. infantil	2019	2018	2017	2016				2015	2014	2013
Perf. Xuvenil 		2012	2011	2010	2009				2008		
Adulto		2007	a	1961		
3ª idade		1960	e	antes				
                     | CULTURA | Ver + |