DeporXest
Servizo:
Data Inicio:
Data Fin:
Texto:
Data Titular Texto Servizo
31/05/2021 RESERVA DE PRAZAS PARA ESCOLAS DEPORTIVAS DE PISCINA E PAVILLÓN A XUNQUEIRA CURSO 21-22
Unha vez solicitada a cita previa, o alumnado de Fene poderá realizar a súa reserva do 7 ao 18 de xuño e o alumnado de fóra de Fene a partir do 21 de xuño ao 6 de xullo. Documentación a presentar: * Carné de usuario/as * Para quen desexe domiciliar o pagamento trimestralmente, achegar un recibo do banco o IBAN e os 20 díxitos da conta. Normativa xeral Todo o alumnado matriculado no mes de de maio (que non teña cotas pendentes de pagamento nin deste curso nin de cursos anteriores), poderá facer a reserva de praza na escola na que estaba matriculado, no mesmo grupo e no mesmo horario no que estaban matriculados no presente curso, agás aqueles que por idade ou por nivel cambien de grupo; neste caso terá que escoller novo horario. As persoas que o desexen poderán facer a reserva de tódalas persoas integrantes da súa unidade familiar (sempre que sexan alumnado de escolas deportivas durante o mes de maio) e de dúas persoas alleas á mesma (sempre e cando estas dúas persoas non vaian domiciliar o pagamento, xa que para domiciliar é preciso que asine o titular da conta). Finalizado o prazo de reserva, se non se formalizou a dita reserva, esas prazas quedarán libres para cambios solicitados no periodo de inscrición (no mes de setembro) por persoas usuarias ou novas matriculacións. PAGAMENTO DAS COTAS RENOVACIÓN MENSUAL: Os/As usuarios que opten por esta modalidade de pagamento terán que pagar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro. Deberán retirar o recibo no pavillón da Xunqueira nas mencionadas datas. DOMICILIACIÓN BANCARIA: Para domiciliar o pagamento, que será trimestral, haberá que cubrir a orde de pagamento, o que implicará a matriculación na actividade para o curso 2021-2022. No caso de tramitar a baixa terán que facelo antes do comezo do curso, o 1 de outubro. Anos de nacement nas escolas da piscina: Natación de bebés: 2019 - 2020 -2021 Natación 1ª Infancia: 2016 - 2017 - 2018 Iniciación Infantil: 2009 a 2015 Perfeccionamento Infantil: 2009 a 2015 Natación Xuvenil: 2004 a 2008 Natación para Adultos: 1955 a 2003 Natación 3ª Idade: 1956 e anteriores
DEPORTES Ver +
25/06/2021 HORARIO DE VERÁN, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPIAS
PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS Do 1 ó 16 de xullo * De luns a sábado de 09:00 a 13:30 h. * Domingos pechada Do 17 de xullo ó 31 de agosto esta instalación estará pechada ao público. Do 1 ó 30 de setembro * De luns a venres.- 17:15 a 21:45 h. * Sábados.- 17:15 a 20:15 h. * Domingos.- Pechado PAVILLÓN A XUNQUEIRA Do 1 ó 7 de xullo, instalación aberta polas mañás para a reserva de prazas curso 21/22. Do 8 de xullo ao 31 de agosto instalacíon pechada, só se abrirá para actividades puntuais que poida organizar o concello. Do 1 ó 30 de setembro. De luns a venres Mañás.- de 08:30 a 13:30 Tardes.- de 18:00 a 22:00 (adestramentos de pretempada) PAVILLÓN O RAMO. Permanecerá pechado ao público dende o 1 de xullo ate o 30 de setembro.
DEPORTES Ver +
02/08/2021 HORARIOS DE ADESTRAMENTO DE PRETEMPADA, CAMPO MUNIICIPAL DE FÚTBOL "OS PINARES"
Os horarios poderánse consultar no arquivo que se xunta con esta nova.
DEPORTES Ver +
18/08/2021 INSCRICIÓNS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CURSO 21/22, PISCINA, PAVILLÓN A XUNQUEIRA E OUTRAS INSTALACIÓNS
Desde a Concellaría infórmase -e insístese- en que o prazo de matrícula presencial estará aberto do 9 ao 24 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As veces poderán solicitarse a partir do 1 de setembro chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812. As actividades comezarán ao longo da primeira semana de outubro. O calendario de inscricións nas distintas disciplinas está organizado en dúas quendas, unha do 9 ao 20 de setembro para persoas empadroadas ou escolarizadas en Fene e outra do 21 ao 24 de setembro para o resto de usuarias. En calquera caso, antes de acudir ao pavillón da Xunqueira para facer a solicitude haberá que concertar cita dentro dos horarios de atención das instalacións durante a semana. Desde o xoves 9 até o venres 24 a oficina atenderá polas mañás -insistimos, só con cita previa- entre as 8.30 e as 14.00h. Ademais tamén atenderá polas tardes, de 16.30 a 19.00h, o propio día 9 e o 14, 15, 16, 21, 22 e 23 de setembro. Cada persoa que acuda facer o trámite -outra vez, con cita previa- poderá anotar aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis. Desde o departamento de Cultura e Deportes recordan que, unha vez comece o curso, só se admitirán novas matrículas se hai prazas libres en cada disciplina ou se se producisen baixas. Á hora de solicitar a matrícula nas escolas e obradoiros municipais haberá que presentar o carné do ano anterior e asinar, de ser o caso, a orde de domiciliación bancaria para o pagamento das actividades, a opción máis cómoda. Se se trata de novas inscricións tamén haberá que achegar a fotocopia do caderno da Seguridade Social ou da tarxeta sanitaria, fotocopia do DNI ou Libro de Familia, unha foto tamaño carné e, quen domicilie, tamén a orde de autorización dos cargos -a folla facilítana na oficina- e a copia dun recibo onde consten os datos bancarios con todos os díxitos da conta. Para a matriculación en cursiños haberá que cubrir a ficha correspondente e, unha vez confirmada a praza, efectuar o pagamento do recibo. A Concellaría de Cultura editou unha folla con toda a información sobre as escolas e obradoiros deportivos que se desenvolverán desde o 1 de outubro até o 30 de xuño repartidos polos pavillóns, a piscina e outras instalacións municipais. Hai preto dunha vintena de propostas -baloncesto, atletismo, pilates, zumba, natación, patinaxe, karate, judo, ximnasia rítmica, acondicionamento físico, pequedeporte, educación física contra a fatiga oncolóxica, etc.- subdivididas á súa vez en grupos dependendo das idades ou da práctica que xa se teña en cada disciplina. No documento tamén se describen os prezos de cada actividade e os descontos dos que poden beneficiarse as persoas participantes, xa sexa botando man dos bonos familiares para as escolas ou solicitando o Bono Deporte para a práctica deportiva libre e o uso completo das instalacións do polideportivo da Xunqueira e da piscina de Centieiras, que nestes momentos só teñen restrinxido o acceso á sauna por razóns preventivas da COVID-19.
DEPORTES Ver +
01/09/2021 APERTURA DA PISCINA MUNCIPAL DE CENTIEIRAS O 1 DE SETEMBRO
O Concello de Fene abre as instalacións da piscina municipal de Centieiras con aforo limitado e continuando coas medidas preventivas pola COVID a partir do vindeiro mércores 1 de setembro Como medidas complementarias, o protocolo indica que á entrada se rexistrarán os datos e se lle tomará a temperatura a todas as persoas usuarias. Unha vez dentro terán que gardar sempre 1,5 metros de separación nos movementos que fagan polo recinto e tamén durante a práctica deportiva. O uso da máscara non será obrigatorio no vaso no momento de nadar pero si no ximnasio a hora de facer o exercicio tendo que manter a distancia interpersoal-, e haberá que poñela si ou si para ir e vir dos vestiarios, aínda que se poida gardar a separación. Os adestramentos na piscina e no ximnasio faranse en quendas asignadas de 45 minutos de duración e, ademais, será necesario entrar en Centieiras como mínimo un cuarto de hora antes do inicio da actividade e marchar, como moi tarde, quince minutos despois de rematar. Desta maneira o Concello busca ter sempre controlado o aforo e garantir que a planificación horaria se cumpra sen retrasos, pero tamén reservar tempo suficiente para que o persoal de limpeza desinfecte os vestiarios entre faixas horarias. Para acceder poderase mercar a entrada na instalación ou ben empregar o Bono deporte do Concello de Fene, con dereito a utilizar o ximnasio e mailo vaso indistintamente ou ben combinar ambas opcións, sempre que sexa en franxas horarias consecutivas. Na piscina non poderá haber máis de 3 persoas por rúa ao mesmo tempo e no ximnasio o límite está fixado en 6 usuarias. Para consultar a dispoñibilidade de espazos no día e franxa horaria na que desexe asistir -e tamén para facer a reserva- pode chamarse aos teléfonos da instalación -981 344 341 e 607 627 103- durante o horario de apertura. Tamén hai a posibilidade de reservar a través da plataforma de deportes deporte.fene.es, para o que será necesario contar con usuario e contrasinal ou darse de alta no mesmo momento de facer a consulta. Desde o departamento municipal de Deportes insístese en que cada persoa só poderá reservar un máximo de dúas franxas horarias por día e deberán ser consecutivas, para dar opción a que se poida usar ximnasio e vaso na mesma xornada e, ao mesmo tempo, garantir que as instalacións poidan ser utilizadas polo maior número de persoas posible malia a redución do aforo.
DEPORTES Ver +
22/10/2021 OCUPACIÓN SEMANAL PAVILLÓN MUNICIPAL A XUNQUEIRA
DEPORTES Ver +
22/10/2021 OCUPACIÓN SEMANAL PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS
DEPORTES Ver +
22/10/2021 OCUPACIÓN SEMANAL PAVILLON MPAL. O RAMO
DEPORTES Ver +
17/12/2021 NOVA NORMATIVA COVID-19 PARA O ACCESO AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPIAS
En atención a esta orde publicada no DOG todos/as os/as usuarios/as e acompañantes maiores de 12 anos terán a obligatoriedade de presentar o certificado de vacinación COVID-19, para a súa entrada e estancia nas instalacións deportivas municipais, a partir do sábado día 18 de decembro.
DEPORTES Ver +
08/05/2022 O Concello de Fene organiza para o domingo 8 de maio a súa XXVII Milla Escolar
A “Milla Escolar” é xa unha das probas clásicas e consolidadas do Concello de Fene, cunha participación aproximada nas últimas edicións (antes da pandemia da Covid 19) duns 500 nenos e nenas de toda a bisbarra. Para apuntarse, cómpre chamar por teléfono ao Departamento de Cultura e Deportes (981 340 366), enviar a ficha de inscrición cuberta a cultura.deportes@fene.gal ou entregala nas oficinas da Avda. Naturais, nº 44, entrechán, Fene, até as 13:00 horas do mércores 4 de maio. Tamén se recollerán inscricións individuais de última hora o día da carreira, de 9:30 a 10:30 horas. Segundo se establece no regulamento da proba, as categorías establécense por anos de nacemento e aulas (ou idades equivalentes ás de cada curso). Deste xeito, favorécese a participación de nenos e nenas da mesma aula, sobre todo nas categorías inferiores. Ademais, en todas as categorías diferenciarase entre masculino e feminino. E as distancias a percorrer nas distintas carreiras variarán segundo as idades dos participantes, entre os 50 e os 900 metros. Nas categorías superiores levarán trofeo os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría. Os participantes das categorías correspondentes aos cursos de Educación infantil (“Prebiberón 1”, “Prebiberón 2” e “Biberón”) non sairán nas carreiras todos xuntos, senón por quendas de 10-12 participantes aproximadamente, para evitar aglomeracións na saída que poidan provocar caídas. Por este motivo non se realizará a medición dos primeiros clasificados nestas categorías e non haberá trofeos, aínda que sí haberá medalla para tódolos participantes. Ao remate de cada proba de Prebiberón e Biberón terá lugar a entrega de medallas a tódolos participantes e, unha vez finalizadas as carreiras, entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría (agás nas categorías de Prebiberón e Biberón). A circulación dos asistentes desenvolverase polas rúas transversais de San Valentín, deixando rúas alternativas de entrada e saída. Ademais contarase cos aparcadoiros da entrada de San Valentín e do CPI A Xunqueira. Efectivos da Policía Local e de Protección Civil indicarán aos participantes o lugar de aparcadoiro e rúas de circulación.
DEPORTES Ver +
09/05/2022 A XXVII Milla escolar reuniu en San Valentín a preto de 600 nenas e nenos
Logo de dous anos de paréntese por mor da pandemia, a Concellería de Deportes de Fene retomou este domingo a súa “Milla Escolar” cunha das participacións máis elevadas das últimas edicións. Ao redor de 600 nenos e nenas de 3 a 16 anos tomaron parte nesta proba coa que se pretende fomentar a práctica do atletismo e os hábitos de vida saudables entre a mocidade. O alcalde de Fene, Juventino Trigo, a concelleira de Deportes, Ángeles Coira e varios membros da Corporación Municipal achegáronse a San Valentín e participaron na entrega de medallas (que recibiron todos os/as participantes) e de trofeos, aos tres primeiros/as clasificados/as das categorías cadete, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín. - ALEVÍN (5º E 6º DE PRIMARIA) FEMININO 1ª Noa Seoane Rubiños (CEIP Plurilingüe Ponzos) 2ª Alicia Jove Novo (CEIP Plurilingüe Ponzos) 3ª Carmen Díaz Pardavila (CPR Jorge Juan) - ALEVÍN (5º E 6º DE PRIMARIA) MASCULINO 1º Brais Martínez Monteagudo (EM Atletismo Fene) 2º Esteban Rouco Romero (CEIP Virxe do Mar) 3º Samuel Tallón Blanco (CPI A Xunqueira) - BENXAMÍN (3º E 4º DE PRIMARIA) FEMININO 1ª Celia Ortigueira Rivera (Jorge Juan) 2ª Icía Ártico López (Ceip Plurilingüe Ponzos) 3ª Lis Rodríguez Varela (Ceip Os Casais) - BENXAMÍN (3º E 4º DE PRIMARIA) MASCULINO 1º Hugo González González (Ceip Plurilingüe Ponzos) 2º Sergio Alvariño Rey (Ceip Plurilingüe Centieiras) 3º Dago Galdo Aneiros (Ceip O Ramo) - PREBENXAMÍN (1º E 2º DE PRIMARIA) FEMININO 1ª Noa Filgueiras Pérez (Jorge Juan) 2ª Luna Seoane Rubiños (Ceip Plurilingüe Ponzos) 3ª Martina Garrote Rodríguez (Jorge Juan) - PREBENXAMÍN (1º E 2º DE PRIMARIA) MASCULINO 1º Pablo Rozado Uceira (Jorge Juan Perlío) 2º Daniel Romero Lorenzo (Jorge Juan) 3º Xoel Corbelle Anidos (Jorge Juan Xuvia
DEPORTES Ver +
28/05/2022 Fene acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Ximnasia Artística
Ao redor dun milleiro de ximnastas participarán entre o sábado 28 e o domingo 29 de maio no Campionato Galego Escolar de Ximnasia Artística que se desenvolverá no pavillón A Xunqueira de San Valentín. O certame volve a Fene, onde xa se celebrara en 2018, e contará coa participación de ximnastas dos clubs Ximnasia Artística Ferrolterra, Escola Ximnasia Ferrolterra, Tempo, Ximnasia Coruña e BayoSil. A maioría das participantes serán nenas aínda que tamén haberá competición na modalidade de ximnasia artística masculina. O Campionato Galego Escolar de Ximnasia Artística é unha competición pensada para nenas/os dun nivel inicial na ximnasia. Para moitas/os, de feito, “é a primeira competición no primeiro ano de práctica deste deporte”, segundo explican dende o club anfitrión, o Ximnasia Artística Ferrolterra, O campionato está organizado pola Federación Galega de Ximnasia e o Concello de Fene coa colaboración do Club Ximnasia Artística Ferrolterra e o Club Tempo. O certame desenvolverase entre o sábado, de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e o domingo, de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 horas. Tanto na modalidade de ximnasia artística feminina como en masculina, haberá catro categorías, segundo as idades das/os participantes: Escolar 1 (6-7 anos), Escolar 2 (8-9 anos), Escolar 3 (10-11 anos) e Escolar 4 (a partir de 12 anos). Ademais, en todas elas, as/os participantes competirán a nivel individual e por equipos (tomando como referencia as cinco mellores notas de cada categoría de cada club). En ximnasia feminina, as nenas relizarán exercizos nos catro aparellos habituais (salto, chan, asimétricas e barra). Na masculina, no canto de seis aparellos, unicamente realizarán exercizos en catro (salto, chan, cabalo con arcos e paralelas). O Campionato Galego Escolar de XAF e XAM estará aberto ao público, con entrada libre e de balde. De todos os xeitos, tal e como se establece nas bases, durante a competición “o público deberá permanecer sentado na grada habilitada”. Ademais, non estará permitido comer na instalación e aconséllase o uso de máscara “dado que non se poderá garantir en grada a distancia mínima de seguridade interpersoal, concentrando moita poboación durante un longo período de tempo”.
DEPORTES Ver +
08/06/2022 RESERVA PRAZAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA O CURSO 22/23
Reserva do 8 de xuño ao 6 de xullo no Pavillón de "A Xunqueira" para alumnado matriculado no mes de xuño. Do 8 a 21 de xuño para usuarios/as empadronados ou escolarizados en Fene Do 22 de xuño ao 6 de xullo para o alumnado de fóra de Fene. RESERVA DE PRAZAS PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS DA PISCINA, PAVILLÓNS, KÁRATE E JUDO - CURSO 22/23 Documentación a presentar *Carné de usuario/a *Para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, achegar un recibo do banco co IBAN e os 20 díxitos da conta. NORMATIVA XERAL Todo o alumnado matriculado no mes de xuño (que non teña cotas pendetes de pagamento deste curso ou cursos anteriores), poderá facer a reserva de praza na escola na que estaba matriculado no mesmo grupo e no mesmo horario no que estiveron durate o presente curso, agás aqueles que por idade ou por nivel cambien de grupo, neste caso terá que escoller novo horario. As persoas que o desexen poderán facer a reserva de tódolas persoas integrantes da súa unidade familiar (sempre que sexan alumnado de escolas deprtivs durante o mes de xuño) e de dúas persoas alleas á mesma (sempre e cando estas dúas persoas non vaian a domiciliar o pagamanento, ca que para domiciliar é preciso que asine o titular da conta). Finalizado o prazo de reservas se non se formalizou a dita reseva, esas prazas quedarán libres para cambios solicitados no período de reserva, ou para novas altas no periodo de matriculación no mes de setembro. PAGAMENTO DE COTAS RENOVACIÓN MENSUAL: Os/as usuarios/as que opten por esta modalidade de pagamento terán que pagar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro. Deberán retirar o recibo no pavillón de A Xunqueira nas ditas datas. DOMICILIACIÓN BANCARIA: Para domiciliar o pagamento, que será trimestral, haberá que cubrir a orde de domiciliación bancaria, o que implicará a matriculaición na actividade para o curso 22/23. No caso de tramitar a baixa terán que facelo antes do comezo do curso, o 1 de outubro. Natación de bebés 2022 - 2021 - 2020 Natación 1º infacnia: 2019 - 2018 - 2017 Iniciación infantil: 2016 - 2015 - 2014 - 2013 - 2012 - 2011 - 2010 Perfeccionamento infantil: 2016 - 2015 - 2014 - 2013 - 2012 - 2011 - 2010 Perfecionamento xuvenil: 2009 - 2008 - 2007 - 2006 - 2005 Adultos: 2004 a 1956 3º Idade: 1957 e anteriores
DEPORTES Ver +
18/06/2022 FIN DE CURSO NAS ESCOLAS MUNICPAIS DA PISCINA
Será o vindeiro sábado, 18 de xuño, nas instalacións de Centieiras e poderá asistir o alumnado das escolas municipais matriculado no mes de maio en natación para bebés, 1ª infancia ou natación infantil (iniciación e perfeccionamento). Haberá inchables acuáticos e multitude de xogos para todos os participantes. A xornada desenvolverase atendendo ao seguinte cronograma: De 10.00 a 11.00 horas será a festa para BEBÉS que, nesta ocasión, poderán estar acompañados de dúas persoas adultas. De 11.00 a 12.00 horas será a festa para o alumnado de 1ª INFANCIA, acompañados dunha persoa adulta. De 12.00 a 13.00 horas, será a festa para o alumnado de natación INFANTIL que deberá acceder á piscina sen acompañante.
DEPORTES Ver +
29/08/2022 INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICPAIS CONCELLO DE FENE CURSO 2022/2023
A Concellaría de Deportes informa dos prazos de inscricións nas escolas deportivas municipais de Fene. Isto é, o prazo de matrícula presencial estará aberto do 12 ao 23 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 1 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812. Para solicitar CITA PREVIA para realizar a inscrición temos que ter en conta os seguintes prazos: Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 1 e 2 de de setembro de 9:00 a 14:00 horas Poboación en xeral: Do 5 ao 9 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas e o mércores, día 7, tamén en horario de tarde de 16:00 a 19:00 horas O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 12 ao 23 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade. Cada persoa que acuda facer o trámite -con cita previa- poderá anotar aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis. Desde o departamento de Deportes recordan que, unha vez comece o curso, só se admitirán novas matrículas se hai prazas libres en cada disciplina ou se se producisen baixas.
DEPORTES Ver +
15/12/2022 ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL CONCELLO DE FENE
A Concellaría de Deportes concentra nestas datas un bo número de propostas de entretemento relacionadas coa actividade física compartida en familia. O ciclo de Nadal botará a andar a vindeira fin de semana coa Gala de Nadal - Exhibición de ximnasia artística do Club Ximnasia Ferrolterra, o sábado 17 de decembro ás 17 horas no pavillón da Xunqueira, e cunha segunda gala de Nadal -Exhibición de patinaxe artística do CPA Inercia, o domingo 18 a partir das 12.00 horas na mesma instalación deportiva. Námbolos dous casos, a entrada será libre e de balde aínda que se convida aos/ás asistentes a colaborar na recollida de alimentos non perecedoiros que promoven as entidades organizadoras. Durante a vindeira fin de semana, a piscina municipal de Centieiras acollerá o bautismo de mergullo solidario “Ningún neno/a sen xoguete”, para persoas maiores de 8 anos. Será o sábado 17 de decembro, de 17.45 a 20.00 horas, con inscrición de balde, sempre e cando se faga a doazón dun xoguete novo ou usado en bo estado. Inscricións até as 18.00 horas do venres 16 de decembro no correo daviddeibe@casnautilus.org. Esta actividade encádrase na campaña impulsada pola Federación Española de Actividades Subacuáticas que, en Galicia, están a desenvolver a Federación Galega e o Club de Actividades Subacuáticas Nautilus de Fene. Outra das propostas da Concellería de Deportes para este Nadal pasa polo evento de danzas urbanas e hip-hop "No limits urban camp", que se desenvolverá do 27 ao 29 de decembro no pavillón da Xunqueira. Trátase dun encontro que permitirá asistir como público ás clases de danzas urbanas e hip-hop, impartidas por profesorado de ámbito estatal e internacional. Entrada libre e de balde. Ademais, do 23 de decembro ao 5 de xaneiro, a Piscina Municipal de Centieiras terá dúas rúas reservadas para participar nos “Xogos acuáticos en familia”, pagando só os 3,25 euros da entrada dunha persoa adulta (se se ten bono é de balde). A rapazada deberá estar acompañada por unha persoa maior de idade e admítense por persoa adulta ata dúas nenas ou nenos se se trata de irmáns.A actividade desenvolverase de 11:15 a 13:30h e recoméndase reservar rúa no 981 344 341 ou no 607627 103. As actividades organizadas pola Concellaría de Deportes incluirán tamén, do 2 ao 5 de xaneiro, o programa de conciliación e deporte Campa Nadal -tamén no pavillón da Xunqueira-, que ofrece 20 prazas para cativada de 4 a 11 anos (feitos a día 31 de decembro de 2022). O custe da actividade ascende a 15,70€. Entre as 10.00 e as 13:30h, nas datas sinaladas farán actividades variadas por grupos de idade: xogos, manualidades, multideportes, baile, música, contacontos, etc. O Campa Nadal coincidirá no mesmo espazo e nos mesmos días, do 2 ao 5 de xaneiro, coas sesións de Patinaxe para persoas adultas e rapazada maior de 5 anos. Hai dúas quendas con 24 prazas en cada unha, a primeira de 11:00 a 12:00h e a segunda de 12:00 a 13:00h, distribuídas á súa vez en tres grupos desde iniciación ata técnicas avanzadas dependendo das idades e do nivel de coñecementos previos que se teñan. O prezo destes obradoiros son 6,25€. O período de inscrición no Campa Nadal e nas sesións de patinaxe permanecerá aberto do 19 ao 23 de decembro no propio pavillón en horario de 9:30 a 13:30h. Máis información nos teléfonos 981 492 804 e 981 340 366.
DEPORTES Ver +
05/01/2023 AVISO PECHE INSTALACIONS DEPORTIVAS DIA 5 XANEIRO A PARTIR DAS 13:30 H.
DEPORTES Ver +
06/06/2023 RESERVA DE PRAZAS CURSO 23/24 (ESCOLAS DEPORTIVAS DE PISCINA, PAVILLÓN A XUNQUEIRA, O OUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS)
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO • DE LUNS A VENRES 08:30 A 14:00 H. • MÉRCORES DO MES DE XUÑO.- 16:00 A 19:00 H. RESERVA DE PRAZAS PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS DA PISCINA, PAVILLÓNS, KÁRATE E JUDO CURSO 23/24. Documentación a presentar • Carné de usuario/a • Para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, achegar un recibo do banco co IBAN e os 20 díxitos da conta. NORMATIVA XERAL Todo o alumnado matriculado no mes de xuño (que non teña cotas pendentes de pagamento deste curso ou cursos anteriores), poderá facela reserva de praza na escola na que estaba matriculado no mesmo grupo e no mesmo horario no que estiveron durante o presente curso, agás aqueles que por idade ou por nivel cambien de grupo, neste caso terá que escoller novo horario. As persoas que o desexen poderán facer a reserva de tódalas persoas integrantes da súa unidade familiar (sempre que sexan alumnado de escolas deportivas durante o mes de xuño) e de dúas persoas alleas á mesma (sempre e cando estas dúas persoas non vaian a domiciliar o pagamento, xa que para domiciliar é preciso que asine o titular da conta). Finalizado o prazo de reservas se non se formalizou a reserva, esas prazas quedarán libres para cambios solicitados no período de reserva, ou para novas altas no período de matriculación no mes de setembro. PAGAMENTO DE COTAS RENOVACIÓN MENSUAL: Os/As usuarios/as que opten por esta modalidade de pagamento terán que pagar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro. Deberán retirar o recibo no pavillón A Xunqueira nas mencionadas datas. DOMICILIACIÓN BANCARIA: Para domiciliar o pagamento, que será trimestral, haberá que cubrir a orde de domiciliación bancaria, o que implicará a matriculación na actividade para o curso 23/24. No caso de tramitar a baixa terán que facelo antes do comezo do curso, o 1 de outubro.
DEPORTES Ver +
28/08/2023 MATRICULACIÓNS ESCOLAS DEPORTIVAS CURSO 2023/2024
Tiro con arco, Balonmán e xadrez novidades na oferta deportiva municipal A Concellaría de Deportes informa dos prazos de inscricións nas escolas deportivas municipais de Fene. Isto é, o prazo de matrícula presencial estará aberto do 8 ao 21 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 4 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812. Para solicitar CITA PREVIA para realizar a inscrición temos que ter en conta os seguintes prazos: Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 4 e 5 de de setembro de 9:00 a 13:30 horas Poboación en xeral: 6 e 7 de setembro. De 9:00 a 13:30horas A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812 O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 8 ao 21 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade. Cada persoa que acuda facer o trámite -con cita previa- poderá anotar aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis. Desde o departamento de Deportes recordan que, unha vez comece o curso, só se admitirán novas matrículas se hai prazas libres en cada disciplina ou se se producisen baixas. Compartimos nesta nova a normativa de matriculación 23/24 editada pola Concellería de Deportes, con toda a información sobre as escolas e obradoiros deportivos que se desenvolverán desde o 1 de outubro até o 30 de xuño repartidos polos pavillóns, a piscina e outras instalacións municipais. Entre as propostas -baloncesto, atletismo, pilates, zumba, natación, patinaxe, karate, judo, ximnasia rítmica, acondicionamento físico, pequedeporte, educación física contra a fatiga oncolóxica, etc.- destacan tres escolas deportivas de nova creación: Tiro con arco, Balonmán e Xadrez.
DEPORTES Ver +
09/11/2023 AMPLIACIÓN HORARIO DE NADO LIBRE OS SÁBADOS E DOMINGOS POLAS MAÑÁS
Franxas horarias sábados e domingos polas mañás 09:15 a 10:00 10:00 a 10:45 10:45 a 11:30 11:30 a 12:15 12:15 a 13:00
DEPORTES Ver +
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707