28/05/2022 |
Fene acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Ximnasia Artística |
Ao redor dun milleiro de ximnastas participarán entre o sábado 28 e o domingo 29 de maio no Campionato Galego Escolar de Ximnasia Artística que se desenvolverá no pavillón A Xunqueira de San Valentín. O certame volve a Fene, onde xa se celebrara en 2018, e contará coa participación de ximnastas dos clubs Ximnasia Artística Ferrolterra, Escola Ximnasia Ferrolterra, Tempo, Ximnasia Coruña e BayoSil. A maioría das participantes serán nenas aínda que tamén haberá competición na modalidade de ximnasia artística masculina.
O Campionato Galego Escolar de Ximnasia Artística é unha competición pensada para nenas/os dun nivel inicial na ximnasia. Para moitas/os, de feito, “é a primeira competición no primeiro ano de práctica deste deporte”, segundo explican dende o club anfitrión, o Ximnasia Artística Ferrolterra, O campionato está organizado pola Federación Galega de Ximnasia e o Concello de Fene coa colaboración do Club Ximnasia Artística Ferrolterra e o Club Tempo.
O certame desenvolverase entre o sábado, de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e o domingo, de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 horas. Tanto na modalidade de ximnasia artística feminina como en masculina, haberá catro categorías, segundo as idades das/os participantes: Escolar 1 (6-7 anos), Escolar 2 (8-9 anos), Escolar 3 (10-11 anos) e Escolar 4 (a partir de 12 anos). Ademais, en todas elas, as/os participantes competirán a nivel individual e por equipos (tomando como referencia as cinco mellores notas de cada categoría de cada club). En ximnasia feminina, as nenas relizarán exercizos nos catro aparellos habituais (salto, chan, asimétricas e barra). Na masculina, no canto de seis aparellos, unicamente realizarán exercizos en catro (salto, chan, cabalo con arcos e paralelas).
O Campionato Galego Escolar de XAF e XAM estará aberto ao público, con entrada libre e de balde. De todos os xeitos, tal e como se establece nas bases, durante a competición “o público deberá permanecer sentado na grada habilitada”. Ademais, non estará permitido comer na instalación e aconséllase o uso de máscara “dado que non se poderá garantir en grada a distancia mínima de seguridade interpersoal, concentrando moita poboación durante un longo período de tempo”.
|
DEPORTES |
Ver +
|
08/06/2022 |
RESERVA PRAZAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA O CURSO 22/23 |
Reserva do 8 de xuño ao 6 de xullo no Pavillón de "A Xunqueira" para alumnado matriculado no mes de xuño.
Do 8 a 21 de xuño para usuarios/as empadronados ou escolarizados en Fene
Do 22 de xuño ao 6 de xullo para o alumnado de fóra de Fene.
RESERVA DE PRAZAS PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS DA PISCINA,
PAVILLÓNS, KÁRATE E JUDO - CURSO 22/23
Documentación a presentar
*Carné de usuario/a
*Para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, achegar un recibo do banco co
IBAN e os 20 díxitos da conta.
NORMATIVA XERAL
Todo o alumnado matriculado no mes de xuño (que non teña cotas pendetes de pagamento
deste curso ou cursos anteriores), poderá facer a reserva de praza na escola na que estaba
matriculado no mesmo grupo e no mesmo horario no que estiveron durate o presente
curso, agás aqueles que por idade ou por nivel cambien de grupo, neste caso terá que
escoller novo horario.
As persoas que o desexen poderán facer a reserva de tódolas persoas integrantes da súa
unidade familiar (sempre que sexan alumnado de escolas deprtivs durante o mes de xuño)
e de dúas persoas alleas á mesma (sempre e cando estas dúas persoas non vaian a
domiciliar o pagamanento, ca que para domiciliar é preciso que asine o titular da conta).
Finalizado o prazo de reservas se non se formalizou a dita reseva, esas prazas quedarán
libres para cambios solicitados no período de reserva, ou para novas altas no periodo de
matriculación no mes de setembro.
PAGAMENTO DE COTAS
RENOVACIÓN MENSUAL: Os/as usuarios/as que opten por esta modalidade de pagamento
terán que pagar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro.
Deberán retirar o recibo no pavillón de A Xunqueira nas ditas datas.
DOMICILIACIÓN BANCARIA: Para domiciliar o pagamento, que será trimestral, haberá que
cubrir a orde de domiciliación bancaria, o que implicará a matriculaición na actividade para
o curso 22/23. No caso de tramitar a baixa terán que facelo antes do comezo do curso, o 1
de outubro.
Natación de bebés 2022 - 2021 - 2020
Natación 1º infacnia: 2019 - 2018 - 2017
Iniciación infantil: 2016 - 2015 - 2014 - 2013 - 2012 - 2011 - 2010
Perfeccionamento infantil: 2016 - 2015 - 2014 - 2013 - 2012 - 2011 - 2010
Perfecionamento xuvenil: 2009 - 2008 - 2007 - 2006 - 2005
Adultos: 2004 a 1956
3º Idade: 1957 e anteriores
|
DEPORTES |
Ver +
|