DeporXest
Servizo:
Data Inicio:
Data Fin:
Texto:
Data Titular Texto Servizo
25/03/2021 PRÓRROGA DOS CURSIÑOS DE NATACIÓN NA PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS DO 1 DE ABRIL AO 30 DE XUÑO.
Deste modo tódolos cursiños activos durante o primeiro trimestre do ano 2021, terán continuidade durante o periodo do1 de abril ate o 30 de xuño, nas mesmas condicións, agás aqueles grupos suprimidos por falta de matriculación suficiente. Continuarase coas restricións de aforo e asistencia de usuarios en semanas alternas. En canto as inscricións, de cara a evitar aglomeracións, renovaranse de oficio tódolos usuarios incritos activos que teñan pagado as cotas correspondentes ao cursiño desenvolvido entre o 1 de xaneiro e 31 de marzo. Causarán baixa de oficio, todos aqueles usuarios/as que teñan cotas pendentes de pagamento despois do día 30 de marzo, data na que remata o período de pagamento da segunda cota dos cursiños desenvolvidos durante este trimestre. Poderán comunica-la baixa ou non inscrición na prorroga dos cursiños ate o día 1 de abril mediante notificación por correo electrónico no enderezo: pavillon.xunqueira@fenecidadan.gal, ou telefonicamente nos números 981 492 804 / 607 626 812, identificando debidamente ao usuario/a. O pagamento dos cursiños farase efectivo mediante autoliquidacións facilitadas na piscina por períodos de mes e medio. Primeiro período que comprende do 1 de abril ao 15 de maio (datas de pagamento do 12 de abril ao 11 de maio). Segundo periodo que comprende do 16 de maio ao 30 de xuño (datas de pagamento do 18 de maio ao 18 de xuño).
DEPORTES Ver +
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707