| 11/05/2026 |
AVISO |
Bo dia
Pola presente lles comunicamos que a partir desta tarde, a piscina de Centieiras abrirá con normalidade para cursos e uso libre do vaso e ximnasio.
Pregamos, disculpen as molestias
|
DEPORTES |
Ver +
|
| 25/05/2026 |
AVISO IMPORTANTE !! |
Infórmase a todos/as os/as usuarios e usuarias que a Piscina Municipal permanecerá parcialmente pechada desde hoxe por mor dunha avaría nas instalacións. O peche manterase ata novo aviso (previsión inicial dúas semanas), mentres non se poida rematar a reparación.
Debido a esta incidencia técnica, o uso da instalación sufrirá as seguintes modificacións:
• Zona de auga: Pechada por completo.
• Servizo e actividades dirixidas no Ximnasio e Pilates: Permanece ABERTO e poderá usarse con normalidade.
• Vestiarios e duchas: NON se poderán utilizar as duchas.
• Actividades dirixidas de auga: Quedan suspendidas, esperamos poder recuperar as clases logo da reapertura da instalación.
Lamentamos os inconvenientes causados e agradecemos a súa comprensión e colaboración. Traballamos para solucionar a avaría o antes posible.
|
DEPORTES |
Ver +
|
| 03/06/2026 |
RESERVA DE PRAZAS CURSO 2026/2027 PARA AS ESCOLAS CULTURAIS E DEPORTIVAS DA PISCINA, PAVILLÓN A XUNQUEIRA E OUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS |
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
• DE LUNS A VENRES 08:30 A 14:00 H.
• MÉRCORES 10 e 17 DE XUÑO e 1 DE XULLO, DE 16:00 A 19:00 H.
RESERVA DE PRAZAS PARA AS ESCOLAS CULTURAIS, DEPORTIVAS DA PISCINA, PAVILLÓNS, KÁRATE E JUDO CURSO 26/27.
Documentación a presentar
• Carné de usuario/a
• Para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, achegar un recibo do banco co IBAN e os 20 díxitos da conta.
NORMATIVA XERAL
Todo o alumnado matriculado no mes de maio (escolas Culturais) ou xuño (Deportivas) que non teña cotas pendentes de pagamento deste curso ou cursos anteriores, poderá facela reserva de praza na escola na que estaba matriculado no mesmo grupo e no mesmo horario no que estiveron durante o presente curso, agás aqueles que por idade ou por nivel cambien de grupo, neste caso terá que escoller novo horario.
As persoas que o desexen poderán facer a reserva de tódalas persoas integrantes da súa unidade familiar (sempre que sexan alumnado de escolas culturais mes de maio ou deportivas durante o mes de xuño) e de dúas persoas alleas á mesma (sempre e cando estas dúas persoas non vaian a domiciliar o pagamento, xa que para domiciliar é preciso que asine o titular da conta).
Finalizado o prazo de reservas se non se formalizou a reserva, esas prazas quedarán libres para cambios solicitados no período de reserva, ou para novas altas no período de matriculación no mes de setembro.
PAGAMENTO DE COTAS
RENOVACIÓN MENSUAL: Os/As usuarios/as que opten por esta modalidade de pagamento terán que pagar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro. Deberán retirar o recibo no pavillón A Xunqueira nas mencionadas datas.
DOMICILIACIÓN BANCARIA: Para domiciliar o pagamento, que será trimestral, haberá que cubrir a orde de domiciliación bancaria, o que implicará a matriculación na actividade para o curso 25/26. No caso de tramitar a baixa terán que facelo antes do comezo do curso, o 1 de outubro.
CATEGORÍAS POR ANOS DE NACEMENTO NAS ESCOLAS DA PISCINA CURSO 25/26
ANOS NACEMENTO
Natación de bebés 2026 2025 2024
Natción 1ª infancia 2023 2022 2021
Iniciación infantil e perf. infantil 2020 2019 2018 2017 2016 2015 2014
Perf. Xuvenil 2013 2012 2011 2010 2009
Adulto 2008 a 1961
3ª idade 1961 e antes
|
DEPORTES |
Ver +
|
| 18/06/2026 |
ANUNCIO APERTURA PISCINA |
O Concello de Fene informa de que unha vez solucionada a avería que obrigou a pechar a piscina municipal de Centieiras dende o día 23 de maio, esta volve estar operativa e abrirá as súas portas co horario habitual o día 19 de xuño (venres).
A alumnado das escolas de adultos poderá comezar novamente na súa escola o mesmo día 19 ata o 30 de xuño, dando por finalizados os cursos de nenos e nenas como estaba previsto na normativa de matriculación.
Asemade informamos de que:
O alumnado das escolas de natación para bebés terá a festa de clausura o día 20 (sábado) no propio horario da escola e poderán estar acompañados de 2 persoas adultas.
O alumnado de primeira infancia, iniciación e perfeccionamento infantil e perfeccionamento xuvenil terá a festa de clausura o día 27 de xuño (sábado).
O Concello continuará informando nos vindeiros días das decisións que se tomen no que respecta a devolucións de cotas ou compensación das mesmas.
Pedimos disculpas polas molestias ocasionadas e agradecemos a súa comprensión.
|
DEPORTES |
Ver +
|
| 18/06/2026 |
INFORMACIÓN: FESTAS ACUÁTICAS INFANTÍS E XUVENÍS DE FIN DE CURSO 2026 |
20 DE XUÑO
FESTA NATACIÓN BEBÉS
NO SEU HORARIO DE CLASE HABITUAL acompañados por 2 persoas adultas que saiban nadar
27 DE XUÑO
• 1ª INFANCIA: grupos de luns, martes, mércores e xoves
FESTA DE 10:00 A 10:45 h, acompañados/as dunha persoa adulta que saiba nadar
• 1ª INFANCIA: grupos de venres e sábado
FESTA DE 10:45 A 11:30 h., acompañados/as dunha persoa adulta que saiba nadar
• INICIACION INFANTIL: grupos de luns e xoves
FESTA DE 11:30 a 12:15 h.
• INICIACION INFANTIL: grupos de martes, mércores e venres
FESTA DE 12:15 a 13:00
• PERFECCIONAMENTO INFANTIL E XUVENIL
FESTA DE 13:00 a 13:45
+ INFORMACIÓN
Piscina municipal de Centieiras: 981 34 43 41
|
DEPORTES |
Ver +
|
| 31/08/2026 |
As Concellerías de Deportes e Cultura informan dos prazos de inscricións nas escolas municipais de Fene. |
As citas poderán solicitarse a partir do 7 de setembro e o prazo de matrícula presencial estará aberto do 10 ao 17 de setembro. Será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira.
Para solicitar CITA PREVIA temos que ter en conta os seguintes prazos:
Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 7 e 8 de de setembro de 9:00 a 14:00 horas
Poboación en xeral: 9 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas
A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812
O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 10 ao 17 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade.
Cada persoa que acuda facer o trámite -con cita previa- poderá anotar aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis. Desde o concello recordan que, unha vez comece o curso, só se admitirán novas matrículas se hai prazas libres en cada disciplina ou se se producisen baixas.
Compartimos nesta nova a normativa de matriculación 26/27 con toda a información sobre as escolas e obradoiros deportivos e culturais repartidos polos pavillóns, Casa da Cultura, a piscina e outras instalacións municipais así como as prazas libres nas escolas ofertadas.
|
|
Ver +
|