ANUNCIO APERTURA PISCINA
18/06/2026

VENRES 19 DE XUÑO - APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS.

O Concello de Fene informa de que unha vez solucionada a avería que obrigou a pechar a piscina municipal de Centieiras dende o día 23 de maio, esta volve estar operativa e abrirá as súas portas co horario habitual o día 19 de xuño (venres).
A alumnado das escolas de adultos poderá comezar novamente na súa escola o mesmo día 19 ata o 30 de xuño, dando por finalizados os cursos de nenos e nenas como estaba previsto na normativa de matriculación.
Asemade informamos de que:
O alumnado das escolas de natación para bebés terá a festa de clausura o día 20 (sábado) no propio horario da escola e poderán estar acompañados de 2 persoas adultas.
O alumnado de primeira infancia, iniciación e perfeccionamento infantil e perfeccionamento xuvenil terá a festa de clausura o día 27 de xuño (sábado).
O Concello continuará informando nos vindeiros días das decisións que se tomen no que respecta a devolucións de cotas ou compensación das mesmas.
Pedimos disculpas polas molestias ocasionadas e agradecemos a súa comprensión.
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707