DeporXest
FIN DE CURSO NAS ESCOLAS MUNICPAIS DA PISCINA
18/06/2022

A Concellería de Deportes organiza unha festa acuática para despedir o curso nas escolas municipais de piscina.

Será o vindeiro sábado, 18 de xuño, nas instalacións de Centieiras e poderá asistir o alumnado das escolas municipais matriculado no mes de maio en natación para bebés, 1ª infancia ou natación infantil (iniciación e perfeccionamento).
Haberá inchables acuáticos e multitude de xogos para todos os participantes.
A xornada desenvolverase atendendo ao seguinte cronograma:
De 10.00 a 11.00 horas será a festa para BEBÉS que, nesta ocasión, poderán estar acompañados de dúas persoas adultas.
De 11.00 a 12.00 horas será a festa para o alumnado de 1ª INFANCIA, acompañados dunha persoa adulta.
De 12.00 a 13.00 horas, será a festa para o alumnado de natación INFANTIL que deberá acceder á piscina sen acompañante.


https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/6806
FOTOS
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707