DeporXest
A XXVII MILLA ESCOLAR REUNIU EN SAN VALENTÍN A PRETO DE 600 NENAS E NENOS
09/05/2022



Logo de dous anos de paréntese por mor da pandemia, a Concellería de Deportes de Fene retomou este domingo a súa “Milla Escolar” cunha das participacións máis elevadas das últimas edicións. Ao redor de 600 nenos e nenas de 3 a 16 anos tomaron parte nesta proba coa que se pretende fomentar a práctica do atletismo e os hábitos de vida saudables entre a mocidade. O alcalde de Fene, Juventino Trigo, a concelleira de Deportes, Ángeles Coira e varios membros da Corporación Municipal achegáronse a San Valentín e participaron na entrega de medallas (que recibiron todos os/as participantes) e de trofeos, aos tres primeiros/as clasificados/as das categorías cadete, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín.
- ALEVÍN (5º E 6º DE PRIMARIA) FEMININO
1ª Noa Seoane Rubiños (CEIP Plurilingüe Ponzos)
2ª Alicia Jove Novo (CEIP Plurilingüe Ponzos)
3ª Carmen Díaz Pardavila (CPR Jorge Juan)
- ALEVÍN (5º E 6º DE PRIMARIA) MASCULINO
1º Brais Martínez Monteagudo (EM Atletismo Fene)
2º Esteban Rouco Romero (CEIP Virxe do Mar)
3º Samuel Tallón Blanco (CPI A Xunqueira)
- BENXAMÍN (3º E 4º DE PRIMARIA) FEMININO
1ª Celia Ortigueira Rivera (Jorge Juan)
2ª Icía Ártico López (Ceip Plurilingüe Ponzos)
3ª Lis Rodríguez Varela (Ceip Os Casais)
- BENXAMÍN (3º E 4º DE PRIMARIA) MASCULINO
1º Hugo González González (Ceip Plurilingüe Ponzos)
2º Sergio Alvariño Rey (Ceip Plurilingüe Centieiras)
3º Dago Galdo Aneiros (Ceip O Ramo)
- PREBENXAMÍN (1º E 2º DE PRIMARIA) FEMININO
1ª Noa Filgueiras Pérez (Jorge Juan)
2ª Luna Seoane Rubiños (Ceip Plurilingüe Ponzos)
3ª Martina Garrote Rodríguez (Jorge Juan)
- PREBENXAMÍN (1º E 2º DE PRIMARIA) MASCULINO
1º Pablo Rozado Uceira (Jorge Juan Perlío)
2º Daniel Romero Lorenzo (Jorge Juan)
3º Xoel Corbelle Anidos (Jorge Juan Xuvia
FOTOS
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707