DeporXest
REAPERTURA DAS INSTALACIÓNS E REINICIO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
26/02/2021

O concello de Fene informa: Que á vista da flexibiliación das restriccións decretadas pola Xunta o pasado día 26 de xaneiro,  e trala publicación no día de onte no DOGA das novas restriccións en materia de deporte.

As instalacións Deportivas municipais voltarán a abrir ao público e  reanudaran a súa actividade gradualmente deste modo:
PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS
Apertura ao público,  sábado día 27 de febreiro no horario de apertura establecido antes das últimas restriccións do 26 de xaneiro.
Reinicio de escolas deportivas que se desenvolven na instalación o sábado 27 de febreirio. Poderán asistir   os usuarios inscritos nos cursillos en semanas alternas que lles corresponda a partir dese día.
Abrese ao público o ximnasio e o vaso da instalación para uso libre, respetando sempre os aforos dercretados na orden publicada no DOGA do 25 de febreiro.
PAIVLLÓN MUNICPAL A XUNQUEIRA E PAVILLÓN MUNIPAL O RAMO
Apertura ao públco, luns día 1 de marzo no horario de apertura establecido antes das últimas restriccións do 26 de xaneiro.
Reinicio das escolas deportivas que se desenvolven na instalación o luns 1 de marzo. Poderán asistir os usuarios nos días e horas que tiñan as súas actividades programadas.
Alugueiros de pistas e espazos para clubes e particulares, o luns 1 de marzo segundo o establecido na orden publicada no DOGA do 25 de febreiro.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS QUE SE DESENVOLVEN FÓRA DO PAVILLÓN E PISCINA (Kárate e Judo), Ximnasio da casa da Cultura
Reinicio das actividades o luns 1 de marzo.
O concello de Fene que recórdalles:
- Que é obrigatorio o uso de máscara durante o acceso, estancia e o desenvolvemento da actividade deportiva dentro das instalacións, agas no transcurso das escolas de natación.
- A ratio de alumnos nas actividades serán os autorizados pola normativa sanitaria publicada na orde do 25 de febreiro no DOGA.
Pode consultar o resumo das novas restriccións en materia deportiva e instalacións publicadas no DOGA do 25 de febreiro, no arquivo que se xunta con esta noticia.
Si vostede é usuario/a dos cursillos da piscina pode consultar os días de asistencia que lle corresponderán no mes de marzo dependendo do grupo no que esté inscrito.
ARQUIVOS
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707