DeporXest
AVISO: PRÓRROGA DOS CURSILLOS DE NATACIÓN NA PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS
14/12/2020

O Concello de Fene, vista a evolución da pandemia provocada pola COVID-19, así como as medidas de control, seguimento e prevención, prorrogará os cursiños trimestrais das actividades deportivas da piscina municipal de Centieiras a lo menos durante o primeiro trimestre do ano 2021.

Deste modo tódolos cursiños activos durante o derradeiro trimestre do ano 2020, terán continuidade durante o periodo do1 de xaneiro ate o 31 de marzo, nas mesmas condicións e horarios. Continuarase coas restricións de aforo e asistencia de usuarios en semanas alternas.En canto as inscricións, de cara a evitar aglomeracións, renovaranse de oficio tódolos usuarios incritos activos que teñan pagado as cotas correspondentes ao cursiño desenvolvido entre o 1 de outubro e 31 de decembro,Causarán baixa de oficio, todos aqueles usuarios/as que teñan cotas pendentes de pagamento despois do día 20 de decembro, data na que remata o período de pagamento da segunda cota dos cursiños desenvolvidos durante este trimestre.
Poderán comunica-la baixa ou non inscrición na prorroga dos cursiños ate o día 1 de xaneiro mediante notificación por correo electrónico no enderezo: pavillon.xunqueira@fenecidadan.gal, ou telefonicamente nos números 981 492 804 / 607 626 812, identificando debidamente ao usuario/a.
O pagamento dos cursiños farase efectivo mediante autoliquidacións facilitadas na piscina por períodos de mes e medio.
Primeiro período que comprende do 1 de xaneiro ao 15 de febreiro (datas de pagamento do 4 ao 29 de xaneiro)
Segundo periodo que comprende do 15 de febreiro ao 31 de marzo (datas de pagamento do 15 de febreiro ao 15 de marzo).
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707