DeporXest
NATACION 3ª IDADE
Tempada: 2021-2022
Servizo: DEPORTES

Bloque: NATACION SAÚDE
Tipo: ANUAL

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
E. NATC. NORMAL PISCINA MAIOR 65 ANOS 2 DIA SEM. COTA MENSUAL 18,35 €
E. NATC. NORMAL PISCINA MAIOR 65 ANOS 2 DIA SEM. COTA TRIMESTRAL 55,05 €
NAT. 3ª IDADE 1:  
- Horarios:
Luns, Venres de 10:30 a 11:15
- Lugar: PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS - RUA 1, PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS - RUA 2
- Máx. Inscricións 10  
NAT. 3ª IDADE 2:  
- Horarios:
Martes, Xoves de 10:30 a 11:15
- Lugar: PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS - RUA 1, PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS - RUA 2
- Máx. Inscricións 10  
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
INFORMACIÓN E INCRICIÓNS:
DEPENDENCIAS ADMINISTRATIVAS DO PAVILLÓN A XUNQUEIRA
Horario atencion ao público
luns a venres horaio de maña de 08:30 a 14:30 h, mércores tarde 16:00 a 19:00 h.
Tlfno.- 981 492 804 - 607 626 812
caixa correo.- pavillon.xunquiera@fenecidadan.net
DIRIXIA A MAIORES DE 65 ANOS
DESCRIPCION DA ACTIVIDADE
No caso da terceira idade, tanto as características físicas como as psíquicas e sociais varian notablemente con respecto a anos anteriores, polo tanto a actividade física orientada a esta franxa de idade debe ter como obxectivo conservar, preservar ou intentar recuperar ou reactivar un certo tipo de motricidade indispensable nas relacións cotiás e que poderiamos indicar como motricidade relacional.
As actividades a realizar neste caso non se corresponden cos exercicios de natación popiamente ditos senón con actividades sinxelas que fagan posible o mantemento ou a adaptación ás actividades cotiás, que lles permitan ser autónomos tanto na casa como fóra dela, xa que este é un componente fundamental na vida de todos os anciás e é a base da supervivencia psicofísica.
Á hora de desenvolver unha clase de natación para a tercera idade o responsable deste tarefa deberá ter en conta que existen características que marcan e que varían notablemente as actividades a desenvolver, con respecto a unha clase de natación propiamente dita.
Estas características non contempladas na aprendizaxe dos estilos de natación propiamente ditos son :
Cambios no aparato motor:
Atrofia da masas muscular, pérdida de masa
Osteoporose , artrose, patoloxías da columna vertebral
Cambios no aparato cardiovascular:
Subida da tensión arterial
Obstrución das arterias coronarias
Menor eficiencia da capacidade cardiaca
Cambios no aparato respiratorio:
Diminución da capacidade torácica, da súa elasticidade
Diminución da capacidade pulmonar
Diminución da cantidade de osíxeno no sangue
Os obxectivos da natación para a terceira idade non son a aprendizaxe dos estilos de natación propiamento ditos senón:
Mantemento da capacidade biolóxica básica:
Función respiratoria
Alargamento e modulación do tono muscular
Forza muscular
Función cardiovascular
Movilidade dos membros
Mantemento da coordinación:
Movementos básicos
Coordinación dinámica xeral e segmentaria
Educación postural e equilibrio
Coordinación oculo-manual podálica
Relaxamento e propiocepción
Mantemento da capacidade de comunicación
Consigo mesmo- cos obxectos
Cos outros –co ambiente
Co grupo
Mantemento das funcións nerviosas sobre todo nos procesos intelectivos
Observación – concentración
Atención – capacidade de abstración
Memoria

FOTOS
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707