NFORMACION E INCRICIÓNS:
DEPENDENCIAS ADMINISTRATIVAS DO PAVILLÓN A XUNQUEIRA
Horario atencion ao público
luns a venres horaio de maña de 08:30 a 14:30 h, mércores tarde 16:00 a 19:00 h.
Tlfno.- 981 492 804 - 607 626 812
caixa correo.- pavillon.xunqueira@fene.gal
DESCRIPCION DA ACTIVIDADE
Estas escolas son programas de saúde que utilizan as actividades físicas, acuáticas ou non, cunha finalidade de traballo puramente correctivo-preventivo, aproveitando as propiedades curativas e preventivas que ten a actividade física.
Estas actividades non buscan a iniciación ou o perfeccionamento en ningún deporte, nin a capacitación deportiva en si senón que buscan complementar os tratamentos farmacolóxicos, ortopédicos, rehabilitadores e outras estratexias que os profesionais indiquen.
No caso da natación terapéutica é importante ter en conta que non se trata de natación, se entendemos como tal a natación con catro estilos tecnicamente depurados. O plantexamento é ofrecer actividades acuáticas que inclúan unha maior variedade de recursos brindando mellores posibilidades de execución para caso en particular
As clases de Rehabilitación funcional ou natación terapéutica están orientados a :
Tratamentos para a columna vertebral; hiperlordose, hipercifose, escoliose, hernias discais, artrose, malas posturas.
Enfermidades cardiacas, circulatorias, artrose en xeral, artrite, obesidade,…
Alteracións respiratorias
Estrés: contracturas, relaxación en xeral para liberar tensións psicofísicas.