DeporXest
Servizo:
Data Inicio:
Data Fin:
Texto:
Data Titular Texto Servizo
13/03/2020 PECHE DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS A PARTIR DO 13 DE MARZO ÁS 14:00 H., ATE NOVO AVISO
Na resolución de alcaldía que asina o primeiro rexedor fenés, Juventino Trigo, tamén se anuncia o peche ao público das instalacións deportivas e culturais municipais -Casa da Cultura, incluíndo Ximnasio, Biblioteca Municipal, Museo do Humor e Aula de Estudo; Parque de Educación Viaria; Pavillóns do Ramo e A Xunqueira; Piscina Municipal de Centieiras; Campos de fútbol dos Pinares e Maniños; Aula Municipal de Informática e Aula de Cursos da Área de Cultura e Locais de Ensaio- a partir 14:00 h do venres 13 de marzo.
DEPORTES Ver +
25/03/2020 AVISO SOBRE O PAGAMENTO DE COTAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS POLA ALERTA DECRETADA POR COVID-19
O Concello de Fene informa que mentres dure o estado de alarma suspéndese o pagamento trimestral e mensual das cotas correspondentes ás escolas deportivas e culturais municipais. Unha vez normalizada a situación, ditaranse as instrucións oportunas para a regularización destes pagamentos. máis e novas informacións neste enlace
DEPORTES Ver +
04/06/2020 Suspensión temporal da reserva previa nas escolas deportivas municipais para o curso 2020/2021
Debido á nova situación provocada polo COVID19, a reserva previa nas escolas deportivas municipais para o curso 2020 – 2021, que habitualmente se facía nos meses de xuño e xullo, queda temporalmente suspendida, xa que non se pode garantir a seguridade do alumnado nas condicións e ratios establedidas ata a chegada da pandemia. A programación e posterior reserva ou matriculación nestas escolas non se retomarán ata que estean concretados e definidos, por parte da Xunta de Galicia, uns protocolos de actuación referentes ás escolas deportivas e aforos nas instalacións municipais que garantan a seguridade de todo o alumnado. Os protocolos de actuación e a normativa de matriculación actuais adaptaranse no seu momento segundo as directrices que establezan as autoridades sanitaria
DEPORTES Ver +
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707