DeporXest
Servizo:
Data Inicio:
Data Fin:
Texto:
Data Titular Texto Servizo
04/10/2019 HORARIO ADETRAMENTO TEMPADA 2019/2020 PAVILLON MPAL. A XUNQUEIRA
DEPORTES Ver +
04/10/2019 HORARIOS ADESTRAMENTO 2019/2020, PAVILLON MPAL. O RAMO
DEPORTES Ver +
11/12/2019 INCRICCIÓNS NAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL
Campanadal para peques. Trátase dun campamento orientado aos máis pequenos/as (nados/as do 2010 ó 2015) no que realizarán actividades variadas: xogos, manualidades, multideporte, baile, música... con contos cheos de maxia, con historias e personaxes propias do Nadal que farán que os nenos e nenas se sintan a gusto, disfruten, compartan, aprendan movéndose e gocen do Nadal. Celebrarase na aula e ximnasio do pavillón da Xunqueira os días 23, 24, 26 e 30 de decembro e os días 2 e 3 de xaneiro. De 10,30 a 13,30 horas. Ofértanse 22 prazas e o custe da actividade é de 15,70 euros. Patinaxe para nenos/as nados/as en 2015 e anos anteriores e persoas adultas. Son cursiños de patinaxe dende iniciación ata técnicas avanzadas, nos que haberá tres grupos de aprendizaxe en cada hora, que se distribuirán segundo as idades e o nivel de cada participante. Precísanse patíns, casco, xeonlleiras e muñequeiras. Terán lugar no pavillón da Xunqueira o 23, 24, 26 e 30 de decembro, e 2 e 3 de xaneiro en dous grupos, de 11 a 12 e de 12 a 13 horas. Hai 24 prazas dispoñibles en cada quenda cun custe de 6,25 euros. Iniciación á defensa persoal feminina. Terá lugar o 26 de decembro de 17 a 19 h, no ximnasio da Casa da Cultura, dirixido a nenas e mulleres maiores de 14 anos, é gratis, con prazas limitadas a 20. Aprenderanse técnicas de golpeo, defensa sobre agarres, e traballo sobre ataques no chan. É preciso levar roupa cómoda e calcetíns.
DEPORTES Ver +
25/01/2020 O pavillón de A Xunqueira, en San Valentín, albergará esta fin de semana a IV Liga Ibérica de Ximnasia Artística
Prevese o concurso duns 500 deportistas e celebrarase no pavillón de A Xunqueira, en San Valentín, sábado e domingo O pavillón de A Xunqueira, en San Valentín, albergará esta fin de semana a IV Liga Ibérica de Ximnasia Artística. Tomarán parte un total de 62 equipos procedentes de toda España –de comunidades como Madrid, Cataluña, Euskadi, Valencia, Castela e León, Illas Baleares e Galicia-. No seu conxunto, reuniranse uns 500 deportistas. A cita deportiva celebrarase sábado e domingo e as categorías nas que participarán os equipos son as seguintes: a división B, cun total de 17 equipos e con representación local a través do Club Ximnasia Ferrolterra, terá lugar o sábado de 9 a 14,10 horas. A entrega de trofeos está prevista ao remate. De tarde, entre as 16 e as 21,30 horas será a quenda da división kids, con 18 equipos e tamén representación do Club Ximnasia Ferrolterra.
Ver +
02/02/2020 VIII Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene este domingo no pavillón de A Xunqueira
Así, a competición estará dividida en catro bloques: Categoría Bailes Caribeños (de 11,30 a 12,45 horas); Categoría Standard (de 13,45 a 16 horas); Categoría Danza Coreográfica e Open Latino (de 17 a 17,55 horas) e Categoría Latinos (de 18,45 a 19,45 horas). Ao remate de cada unha, celebrarase a correspondente entrega de trofeos. A cita está organizada por Fene Movemento coa colaboración da Concellería de Deportes de Fene.
DEPORTES Ver +
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707