DeporXest
LISTADOS DE PRAZAS LIBRES NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO PAVILLÓN E PISCINA MUNICIPAL CURSO 2017/2018 PARA A MATRICULACIÓN EN SETEMBRO.
12/07/2017

Rematado o prazo de reserva a concellería de Deportes fai pública a lista co número de prazas libres nas escolas deportivas para o curso 2017/2018 na piscina municipal de Centieiras e No pavillón municpial A Xunqueira

Logo do remate do prazo aberto entre o 15 de xuño e o 5 de xullo para a reserva de prazas das escolas deportivas para o curso 2017/2018 na piscina municipal de Centieiras e no pavillón municipal A Xunqueira un total de 892 usuarios formalizaron a súa inscricción para o vindeiro curso que dará comezo a partir do día 1 de outubro.
Lembrarlles a todos/as os usuarios/as que fixeron a súa reserva de praza e que optaran polo pagamento mensual, que os recibos correspondentes ao mes de outubro estarán ao seu dispor no control do pavillón A Xunqueira a partir do día 12 de setembro onde poderán retira-los en horario de mañá de 08:30 a 13:30 e polas tardes de 18:00 a 22:00 h., o prazo para o seu pagamento como é habitual estará aberto entre o 13 e o 26 setembro.
Consulta as prazas libres neste arquivo.
ARQUIVOS
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707