DeporXest
BAUTISMOS DE MERGULLO 2017! NA PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS
24/05/2017

Sábados 10 e 17 de xuño de 17:00 a 18:30 Bautismos de mergullo adaptao Sábado 24 de xuño de 17:00 a 17:45, Bautismos de mergullo para nenos/as de 10 a 16 anos Sábado 24 de xuño de 17:45 a 20:00.- Bautismos de mergullo para persoas de 16 anos en adiante.

Sábados 10 e 17 de xuño de 2017
Na piscina municipal de Centieiras de 17:00 a 18:30 horas
Bautismo que se realizará durante dous sábados consecutivos no que poden participar persoas con calquera tipo de discapacidade, xa que se realizan adaptacións no material, técnicas e loxística para poder practicar o mergullo coa máxima seguridade.
ACTIVIDADES:
Utilización do equipo lixeiro (máscara ADAPTADA con tuba e aletas)
Forma de respiración axeitada, relaxación, normas básicas de seguridade.
Sinais submariñas
Xogos adaptados ás necesidades específicas de cada participante.
Nº PRAZAS: 6.
COTA: 6,25 €
INSCRICIÓNS:
No pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín)
Do 29 de maio ao 8 de xuño.
De luns a venres: de 9:00 a 14:00 h.
Mércores: De 16:30 a 19:00 h.
Xornadas impartidas por mergulladores certificados e con adestramento específico para mergullarse con persoas discapacitadas.
Para nenos/as de 10 a 16 anos
GRATUÍTO
Sábado, 24 de xuño de 2017
Na piscina municipal de Centieiras
De 17:00 a 17:45 h.
Actividades:
Utilización do equipo lixeiro (máscara, tuba e aletas)
Sinais submariñas
Explicación e exercicios co equipo pesado que será levado polo monitor (regulador, chaleco flotabilidade, botella).
Forma de respiración axeitada, relaxación, normas básicas de seguridade.
Requisitos para participar no Bautismo
Saber nadar
Permiso paterno
Prazas: 15 prazas
Cota: GRATUÍTA.
Inscricións:
No pavillón polideportivo da Xunqueira
(San Valentín)
Do 29 de maio ao 21 de xuño.
De luns a venres: de 9:00 a 14:00 h.
Mércores: De 16:30 a 19:00 h.
Sábado 24 e Domingo 25 de xuño de 2017
Sábado: Na piscina municipal de Centieiras de 17:45 a 20:00 horas
Domingo: Na praia de Chanteiro de 10:00 a 13:00 horas distribuídos en dous grupos (1,5 h. cada grupo)
Actividades sábado, 24 de xuño:
Utilización do equipo lixeiro (máscara, tuba e aletas)
Explicación e exercicios co equipo pesado
Forma de respiración axeitada, relaxación, normas básicas de seguridade.
Sinais submariñas
Actividades domingo, 25 de xuño (no caso de que as condicións do mar o permitan, en caso contrario cambiarase a data para outro domingo)
Preparación do material
Paseo subacuático, cada alumno/a cun monitor.
Limpeza e recollida do material
Requisitos para participar no Bautismo
Saber nadar
Permiso paterno (no caso de ter 16 ou 17 anos)
Nº Prazas: 12. Reservaranse 3 prazas para persoas
con discapadidades que participaran no bautismo de mergullo adaptado
Cota: 6,25 €
Inscricións:
No pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín)
Do 29 de maio ao 21 de xuño.
De luns a venres: de 9:00 a 14:00 h.
Mércores: De 16:30 a 19:00 h.
A ORGANIZACIÓN PROPORCIONARÁ TODO O MATERIAL DEPORTIVO NECESARIO, INCLUIDOS OS TRAXES DE NEOPRENO PARA O MAR
FOTOS
ARQUIVOS
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707