DeporXest
MAÑÁ, MARTES 13 DE SETEMBRO, COMEZA A MATRICULACIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
12/09/2016



A matriculación nas escolas de piscina realizarase os días 13 de setembro (só residentes en Fene) e 14 de setembro (poboación en xeral). Para a totalidade das escolas deportivas municipais, as datas establecidas serán o 15, 16 e 19 de setembro (só residentes en Fene) e 20, 21 e 22 (poboación en xeral). O horario de atención ao público no pavillón municipal “A Xunqueira” será de 8:30h a 14:00 h. (todos os días) e de 16:00h a 19:00h (os días 13, 14 e 21 de setembro), dende o 15 ao 22 de setembro, nas dependencias administrativas do pavillón A Xunqueira de San Valentín, nos horarios establecidos para a inscrición na totalidade de escolas deportivas municipais.
Segundo informan dende a concellería de Deportes, as prazas nas distintas escolas e obradoiros deportivos municipais hanse cubrir por rigorosa orde de inscrición. Ademais, as actividades só se realizarán no caso de cubrirse o 50 % do número de prazas ofertadas.
As Escolas que entren en funcionamento no curso 2016 / 2017, en base á matriculación rexistrada, faranse públicas no taboleiro do pavillón polideportivo da Xunqueira e na páxina web co Concello de Fene o día 26 de setembro.
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707