DeporXest
RESERVA DE PRAZAS ESCOLAS DA PISCINA E DO PAVILLON A XUNQUEIRA CURSO 2016/2017
13/06/2016

Todos/as os/as usuarios/as matriculados no mes de maio poderan realizar si asi o desexan a súa reserva de prazas para o curso 2016/2017 nas escolas deportivas da piscina municipal e do pavillón A Xunqueira

RESERVA DE PRAZA PARA OS VECIÑOS DE FENE MATRICULADOS NAS ACTIVIDADES DURANTE O MES DE MAIO
Datas : do 13 ao 23 de xuño (ambos inclusive)
Documentación: carné de usuario/a.
Para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, achegar recibo do banco, IBAN e 20 díxitos da conta
RESERVA DE PRAZA PARA OS VECIÑOS DE FÓRA DE FENE MATRICULADOS NAS ACTIVIDADES DURANTE O MES DE MAIO
Datas : do 27 de xuño ate ao 1 de xullo (ambos inclusive)
Documentación: Tarxeta de usuario/a da escola
Para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, achegar recibo do banco, IBAN e 20 díxitos da conta
LUGAR: Dependencias administrativas do Pavillón A Xunqueira
HORARIO: - de luns a venres, de 08:30 a 14:30 h. - días 15, 22 e 29 de xuño de 16:15 a 19:00 h.
COTAS:
-Renovación mensual: Os/as usuarios/as que opten por esta modalidade de pagamento terán que pagar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro, retirando o recibo e entregandoo unha vez abonado no pavillón a Xunqueira, durante as datas sinaladas para a confirmación da praza, de non pagar o mesmo no período marcado dita praza quedará a disposicíón do concello para novas matriculacións.
- Domiciliación bancaria: cubrir e asinar a orde de pagamento trimestral, o que implicará a matriculación na activiade para o curso 2016/2017, en caso de tramitar a baixa teran que face-lo antes da data de comezo do curso, o 1 de otubro de 2016, seguindo o procedemento establecido ao efecto.
NORMATIVA XERAL PARA OS DOUS PRAZOS
Todos/as os/as usuarios/as matriculados/as no mes de maio poderán se así o desexan facer a inscrición nas datas sinaladas ao efecto no mesmo grupo ou grupos coa mesma correspondencia horaria igual ao que estiveron matriculados no curso 2015/2016, agás aqueles que por idade cambien de categoría, ou que acadasen os obxectivos avaliados polos monitores nos cursos de iniciación terán que matricularanse nos cursos de perfeccionamento, tendo que escoller novo horario.
Co fin de evitar aglomeracións innecesarias, lembrámolles que todos aqueles usarios/as que non cambien por idade ou que teñan o nivel preciso acadado e avaliado polos monitores, teñen garantida a praza no mesmo grupo no que están inscritos no presente curso ate o final do prazo de inscricción que lles corresponda.
Finalizado dito prazo e si non se veu a face-la reserva estas prazas quedarán a dispor do concello para cambios solicitados por usuarios/as ou novas matriculacións no período de inscrcción do mes de setembro.
Cada persoa poderá face-la reserva de todos/as os/as usuarios/as integrantes da súa unidade familiar e de dúas persoas alleas a mesma sempre e cando estas dúas persoas non vaian a domiciliar os pagos da actividade, xa que para a domiciliación é preciso que asine a orde o titular da conta.
Co fin de a actualización de datos durante o periodo de reserva, os encargados da mesma tomarán os datos relativos aos titores ou responsables todos/as os/as usuarios menores de 18 anos, xa que no vindeiro curso e seguindo a normativa municipal ao respecto aparecerán como titulares do recibo expedido mensualmente.
Categorías por ano de nacemento para o curso 2016/2017:
Natación de bebés nados en 2016, 2015 e 2014
Nat. 1ª infancia, nados en 2013, 2012, 2011
Ini. Infantil e perf. Infantil nados en 2010, 2009, 2008, 2007, 2006, 2005, 2004.
Perf. Xuvenil, nados en 2003, 2002, 2001, 2000, 1999
Adultos, nados do 1998 ate o 1951
3ª idade nados a partir do 1951.
ARQUIVOS
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707