DeporXest
PECHE DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS A PARTIR DO 13 DE MARZO ÁS 14:00 H., ATE NOVO AVISO
13/03/2020

Perante a expansión da pandemia provocada polo virus COVID-19 (coronavirus) e, tendo en conta que “corresponde á administración municipal adoptar as medidas preventivas aconselladas polos expertos en saúde pública”, o Concello de Fene acordou suspender as actividades das escolas deportivas e culturais municipais dirixidas á veciñanza, así como as análogas promovidas polas áreas de servizos sociais e formación-emprego, a partir das 14.00 horas deste venres 13 de marzo.

Na resolución de alcaldía que asina o primeiro rexedor fenés, Juventino Trigo, tamén se anuncia o peche ao público das instalacións deportivas e culturais municipais -Casa da Cultura, incluíndo Ximnasio, Biblioteca Municipal, Museo do Humor e Aula de Estudo; Parque de Educación Viaria; Pavillóns do Ramo e A Xunqueira; Piscina Municipal de Centieiras; Campos de fútbol dos Pinares e Maniños; Aula Municipal de Informática e Aula de Cursos da Área de Cultura e Locais de Ensaio- a partir 14:00 h do venres 13 de marzo.


http://www.fenecidadan.gal/portal-cidadan/noticia/gl/5487
ARQUIVOS
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707